Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27331

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (641/2012).

Luis Fernández-Arias González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 641/2012 seguido por instancia de Adrián Suárez López fronte a La Patria Hispana, S.A. de Seguros y Reaseguros, e Ramón Jose Longa López, ditouse sentenza, cuxo encabezado e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vilagarcía de Arousa, 8 de marzo de 2016.

Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade, viu os autos de xuízo ordinario, tramitados por este xulgado co número 641/2012, por instancia de Adrián Suárez López, representado polo procurador Sr. Martínez Melón e asistido polo letrado Sr. Paz Fernández, contra La Patria Hispana, S.A. de Seguros y Reaseguros, entidade representada polo procurador Sr. Abalo Villaverde e asistida polo letrado Sr. Viso Vega, e contra Ramón José Longa López, que foi declarado en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, responsabilidade civil extracontractual.

Decido que debo estimar e estimo substancialmente a demanda formulada polo procurador Sr. Martínez Melón, en nome e representación de Adrián Suárez López, contra Ramón José Longa López e La Patria Hispana, S.A. de Seguros y Reaseguros, e condeno os demandados a indemnizar solidariamente o demandante na cantidade de 53.749,75 euros, cos xuros legais, a cargo exclusivamente da compañía aseguradora, e que se devindicarán na forma indicada no fundamento de dereito cuarto desta sentenza.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado, nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial».

E encontrándose o devandito demandado, Ramón Jose Longa López, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vilagarcía de Arousa, 8 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza