Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 25 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2014/0094-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Expediente: RL 2014/0094-4.

Acta: I362014000028955.

Empresa: WU GUORONG.

DNI/NIF: X4250422E.

Enderezo: Carballal, 12, A Graña, Vilaboa.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos Infrinxidos: artigo 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e punto 4.1 do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 10.5.2017.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción número I362014000028955 e arquivar o expediente.

Vigo, 25 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra