Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírtese que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento correspondente pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.
Expediente: RL 2017/0043-4.
Acta: I362016000118435.
Empresa: María Victoria Fernández Tizón.
NIF: 35987209-Y.
Enderezo: r/ Ramón y Cajal, 5 -1º, Baiona.
Materia: relacións laborais.
Preceptos infrinxidos: artigos 12.4.c) e 35.5 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
Preceptos sancionadores: artigos 5, 7.5, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 6.4.2017.
Resolución: multa de 1.000 €.
Vigo, 25 de maio de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra