Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

EDICTO do 3 de maio de 2017 relativo á aprobación inicial do estudo de detalle número 1 (actuación AG-Paseo Marítimo-Rúa de Malteses) do Plan xeral de ordenación municipal da Guarda.

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía, do 3 de maio de 2017, o estudo de detalle nº 1 (Actuación AG-Paseo Marítimo-Rúa de Malteses) do PXOU da Guarda, e de conformidade co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da inserción deste edicto no DOG e no xornal Faro de Vigo, durante o que poderá ser examinado o correspondente expediente na oficina de urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular perante esta Alcaldía as alegacións que se consideren oportunas.

A Guarda, 3 de maio de 2017

Antonio Lomba Baz
Alcalde