Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación dos terreos afectos ao proxecto de senda na estrada do Adro Vello, entre os núcleos das Pozas (Petelos) e Seixabre (Torroso), no termo municipal de Mos.

Aprobado inicialmente, por Acordo plenario do 24 de abril de 2017, o proxecto de expropiación por taxación dos terreos afectos ao proxecto de senda na estrada do Adro Vello, entre os núcleos das Pozas (Petelos) e Seixabre (Torroso), no termo municipal de Mos (Pontevedra), redactado polo enxeñeiro Julio Roberes de Cominges, coa relación de propietarios que consta no anexo de expropiacións.

Sométese a información pública, cos seus documentos, polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, no BOP, na páxina web http://www.mos.es, no taboleiro de edictos do Concello de Mos e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións convenientes, en particular no que atinxe á titularidade e á valoración dos seus respectivos dereitos.

Poderase consultar o expediente nese período na Oficina de Urbanismo do Concello de Mos, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

As publicacións referidas e, particularmente, os anuncios no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos do concello servirán de notificación para os interesados e posibles titulares dominicais ou doutros dereitos reais ou intereses económicos directos sobre o ben que se vai expropiar que resultan descoñecidos, ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica das notificacións, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Se efectuada a referida publicación non comparecen os propietarios descoñecidos, entenderanse as dilixencias co Ministerio Fiscal, ao cal se lle notificará este acordo.

Mos, 5 de maio de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa