Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de expropiación para a execución das obras de ampliación do parque de Heriberto Fuertes (A Cañiza) e a relación concreta individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar.

Por medio do presente anuncio e para os efectos do disposto nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa, 17 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, e 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, faise público que no BOP número 154, do 12 de agosto de 2016, figura o anuncio de aprobación definitiva do proxecto de expropiación para a execución das obras de ampliación do parque de Heriberto Fuertes (A Cañiza) e a relación concreta individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar.

A Cañiza, 29 de maio de 2017

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde