Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 23 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro correspondente ao expediente de reintegro da subvención á contratación de persoas traballadoras con discapacidade, regulada na Orde do 18 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 30 de marzo), relativa ao expediente TR343A 2011/072-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio do procedemento de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Vigo, 23 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

1. Nº de expediente de reintegro: REINT 2017/8.

Nº de expediente en xestión: TR343A 2011/072-5.

Nome: Mª Dolores Martínez Docampo.

CIF/NIF: 76981303G.

Último enderezo coñecido: rúa General Rubín, 4-BJ, 36800 Redondela.

Norma reguladora: Orde do 18 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal os traballadores e traballadoras contratados/as ao abeiro deste programa, por un período mínimo de tres anos no suposto da contratación indefinida ou da transformación dun contrato temporal en indefinido.

Precepto infrinxido: incumprimento da base décimo primeira do anexo A da mencionada Orde do 18 de marzo de 2011.

Contido do acto administrativo: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Data do acordo: 17.4.2017.