Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 23 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2009/0151-4 e un máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial; Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2009/0151-4.

Acta: I362009000014112.

Empresa: Cebifrut Cereales, S.L.

NIF: B-36119733.

Enderezo: Caleiro, s/n, Tarrío; Vilanova de Arousa.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 3.b) en relación co número 1.16, anexo I, do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3.c) e g) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 8.5.2017.

Resolución: multa de 20.491 €.

Expediente: RL 2009/0234-4.

Acta: I362009000014819.

Empresa: Cebifrut Cereales, S.L.

NIF: B-36119733.

Enderezo: Caleiro, s/n, Tarrío; Vilanova de Arousa.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.8, 39.3 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 8.5.2017.

Resolución: multa de 2.046 €.

Vigo, 23 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo