Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución e de citación (ETX 141/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 141/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Méndez García contra Sariconstrunor, S.L. e o Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza.

Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, dez de maio de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito:

Primeiro. José Antonio Méndez García solicitou a execución da sentenza nº 194/2016 de data 30.6.2016, ditada no procedemento DSP 20/16, revogada pola sentenza de data 17.1.2017, ditada en suplicación pola Sala do Social do TSX de Galicia contra Sariconstrunor, S.L., e o Fogasa.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (art. 117 CE e art. 2 LOPX).

O art. 237.2 LXS establece que a execución de sentenzas firmes será levada a cabo polo órgano xudicial que tiver coñecido do asunto na instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada esta, tramitarase de oficio e ditaranse para o efecto as resolucións necesarias (art. 239 LXS).

Terceiro. Tendo transcorrido o termo establecido no art. 279 LXS 138.8 LXS sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do/dos traballador/es no prazo e condicións legalmente previstos, corresponde, de conformidade co establecido no art. 280 LXS, despachar execución do resolto na sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Antonio Méndez García contra Sariconstrunor, S.L., Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no art. 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz. O/a letrado da Administración de xustiza»

«Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza. María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dez de maio de dous mil dezasete.

Tendo presentado petición o traballador José Antonio Méndez García exixindo o cumprimento polo empresario Sariconstrunor, S.L. da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución de data 10.5.2017, de conformidade co art. 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se tenten valer, e fixo o próximo día 19.6.2017 ás 13.45 horas para a celebración da comparecencia.

Se non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido na súa solicitude; se non o fixeren o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado Sariconstrunor, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que se acha en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sariconstrunor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza