Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26871

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 144/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 144/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Santiago Carneiro Suárez contra a empresa Construcciones Vieiro 13, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Santiago Carneiro Suárez fronte a Construcciones Vieiro 13, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/das infracción/infraccións cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Cítase igualmente a Construcciones Vieiro 13, S.L. á realización da comparecencia, que terá lugar o próximo día 15 de xuño de 2017, ás 9.25 horas, na sala de vistas número 3 deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n.

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza