Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (342/2016).

PO. Procedemento ordinario 342/2016

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Estefanía Álvarez Mouzo

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Núñez Brandon, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 342/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Estefanía Álvarez Mouzo contra Fondo de Garantía Salarial e Núñez Brandon, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Estefanía Álvarez Mouzo contra a entidade Núñez Brandon, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Núñez Brandon, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 8.364,81 euros brutos, por salarios devindicados entre setembro de 2015 e febreiro de 2016, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, das cales se deberá detraer en líquido a cantidade de 2.250 euros líquidos xa percibidos por estes conceptos, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Núñez Brandon, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza