Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26860

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (590/2016).

Separación contenciosa (SCT) 590 /2016.

Demandante: Margarita Fachal Pereiro.

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva.

Avogado: Íñigo Muniozguren Martínez.

Demandado: Juan Jesús Vales García.

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento de separación contenciosa, seguido por instancia de Margarita Fachal Pereiro fronte a Juan Jesús Vales García ditouse auto de rectificación, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

Auto.

Maxistrado xuíz: Roberto Soto Sola.

Santiago de Compostela, nove de maio de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito:

Primeiro. No presente procedemento ditouse Sentenza 96/2017 en data 2 de marzo de 2016, presentándose pola procuradora Soledad Sánchez Silva o anterior escrito, no cal se advirte dos erros materiais cometidos na referida resolución, toda vez que o procedemento é separación contenciosa e a data de celebración do matrimonio é o 31 de agosto de 1997, e non os que constan.

Parte dispositiva:

Acordo:

Rectificar a Sentenza 96/2017, de data 2 de marzo de 2017, nos seguintes termos:

A. Onde di:

«...en data 10.9.1983…»

«...divorcio... »

B. Debe dicir:

«...en data 31.8.1997…»

«...separación... »

Modo de impugnacion: contra esta resolución non caberá recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda a súa señoría; dou fe.

O maxistrado xuíz. Letrada da Administración de xustiza.

E encontrándose o dito demandado, Juan Jesús Vales García, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza