Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26858

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 861/2017 BC).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 861/2017 BC.

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 195/2014 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrentes: Gustavo Antonio Martínez Fernández, Eladio López Graña, Noelia Vázquez Piñeiro.

Avogado: Manuel Casal Fraga.

Recorridos:Fogasa, Indika Auditoría e Inspección, S.L.

Avogados: Fogasa, María López-Suevos Otero.

Procuradora: María Alonso Lois.

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 0861/2017 desta sección, seguido por instancia de Gustavo Antonio Martínez Fernandez, Eladio López Graña e Noelia Vázquez Piñeiro contra Fogasa, Indika Auditoría e Inspección, S.L., Axoca Grupo de Inspección y Control de Seguridad Industrial, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polos demandantes-executantes Noelia Vázquez Piñeiro, Gustavo Antonio Martínez Fernández e Eladio López Graña, contra o auto do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, de data 2 de novembro de 2016, desestimatorio do recurso de reposición interposto contra o auto do 15 de xullo anterior, que denegou a extensión da presente execución contra a empresa Indika, Auditoría e Inspección, S.L., debemos confirmar e confirmamos a referida resolución.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Axoca Grupo de Inspección y Control de Seguridad Industrial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza