Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26345

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 697/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 697/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Cebeiro Abeijón, Daniel Giao Rendo e Raquel Currás García contra Pulpería Estanco, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«1º. Que estimando integramente a pretensión articulada por María Teresa Cebeiro Abeijón fronte á entidade Pulpería Estanco, S. L., debo condenala e condénoa a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.606 €.

2º. Que estimando substancialmente a pretensión articulada por Daniel Giao Rendo contra a mesma demandada, debo condenala e condénoa a que lle aboe a cantidade de 4.664,98 €.

3º. Que estimando, así mesmo de modo íntegro, a pretensión articulada por Raquel Currás García fronte á entidade demandada, debo condenala e condénoa a que lle aboe a cantidade de 1.213,57 €.

4º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a se ater á condena imposta á empresa demandada.

5º. Faise expresa imposición á empresa demandada das custas procesuais devindicadas, coa limitación cuantitativa expresada no fundamento xurídico terceiro da presente sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pulpería Estanco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza