Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 793/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 793/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julia Seoane Boedo contra IDD Coruña, S.L. (Duffin Dagels Cafetería), administrador concursal Dictum Estudio Jurídico y Económico, S.L.P. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza

A Coruña, 27 de abril de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 793/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Julia Seoane Boedo, representada polo letrado José Carlos Bouza Fernández, contra IDD Coruña, S.L., que non comparece, administrador concursal e Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Julia Seoane Boedo e condeno a empresa IDD Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 8.043,76 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicable sobre os conceptos salariais.

Condénase a administración concursal a se ater a esta declaración no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentencia leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a IDD Coruña, S.L. (Duffin Dagels Cafetería), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza