Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 701/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 701/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Arnáiz Vidal contra María García Pillo sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 701/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Diego Arnáiz Vidal, asistido polo letrado Santiago Fernando Hervella Nieto, contra María García Pillo, que non comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Diego Arnáiz Vidal e condeno a empresa María García Pillo a que lle aboe ao demandante a cantidade de 400 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicable sobre os conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada-xuíza que a ditou, en audiencia pública no día de hoxe, que é o da súa data.

E para que sirva de notificación en legal forma a María García Pillo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza