Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 946/2016)

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 946/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar Roncero Sánchez contra Julio Edrosa Lozano e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 946/2016.

Demandante: María del Mar Roncero Sánchez.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandado: Julio Edrosa Lozano.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza.

A Coruña, 25 de abril de 2017.

Resolución:

A) Estimo as accións sobre resolución de contrato formuladas por María del Mar Roncero Sánchez fronte a Julio Edrosa Lozano e, en consecuencia, declaro, con data da presente sentencia, a extinción do contrato de traballo existente entre a traballadora demandante e o empresario demandado, por causas imputables a este, e condeno o demandado a lle aboar a cantidade total de 177,64 euros en concepto de indemnización.

B) Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por María del Mar Roncero Sánchez fronte a Julio Edrosa Lozano e, en consecuencia, condeno a este a lle aboar á primeira a suma de 1.945,59 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro do artigo 29.3 ET.

C) O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito. Pasados estes declararase firme e arquivarase.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Julio Edrosa Lozano, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza