Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 818/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 818/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Fernández Vilaso contra a empresa Mantenimiento de Obras Portuarias, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Auto

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Feitos:

Primeiro. Con data do 17 de outubro de 2014, presentouse a demanda que deu lugar á formación da presente causa.

Segundo. Mediante dilixencia de ordenación do pasado 6 de marzo, acordouse outorgar o prazo de 3 días ás partes e ao Ministerio Fiscal co obxecto de que fixesen as alegacións que considerasen oportunas ao respecto dunha eventual incompetencia territorial deste órgano xurisdicional.

Terceiro. Verificado o anterior e en virtude de dilixencia de ordenación do pasado día 17, dispúxose que quedasen os autos á disposición de quen decide para ditar a resolución oportuna.

Razoamentos xurídicos:

Primeiro. De conformidade co establecido no número 1 do artigo 10 da LRXS, será xulgado territorialmente competente, con carácter xeral, o do lugar de prestación dos servizos ou o do domicilio do demandado, á elección do demandante.

No noso caso e como con toda evidencia acreditan os documentos existentes na causa, o lugar de prestación dos servizos localízase en Sevilla e o domicilio da demandada en Narón, de modo que a competencia territorial corresponde aos órganos xudiciais situados nas cidades de Sevilla ou da Coruña. Entre tales sedes poderá elixir o demandante.

Segundo. De acordo co disposto no número 1 do artigo 186 da propia Lei procesual, contra a presente resolución cabe recurso de reposición.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Dispoño:

Declarar a incompetencia territorial deste órgano xurisdicional para coñecer das presentes actuacións. Prevense a parte demandante de que poderá facer uso do seu dereito ante os xulgados do social de Sevilla ou da Coruña.

Póñase esta resolución en coñecemento das partes e do Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela se poderá interpor recurso de reposición, no prazo dos tres días seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste xulgado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento de Obras Portuarias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza