Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26075

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (213/2016).

Eu, Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no presente procedemento garda e alimentos 213/2016, seguido por instancia de Bibiana Pérez Enríquez contra Juan Antonio Sánchez Martín, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia do menor B.S.P., así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúeselle a garda e custodia do menor á nai Bibiana.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai Bibiana.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. Non se establece pensión de alimentos.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

E ao estar o dito demandado, Juan Antonio Sánchez Martín, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 5 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza