Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25859

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de auto de aclaración (RSU 3676/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3676/2016GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 696/2012. Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: José Antonio Vilar Diz

Avogado: Manuel Ángel Lamas Dono

Procurador: Xulio Xabier López Valcarcel

Recorridos: Lemos Romero, S.L., Fogasa, Granitos Martínez, S.A., Fernández Contreras Granitos, S.A., Granitos Budiño, S.L., David Fernández Grande, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Serafín Santos Rodríguez, Laureano Estévez Fernández, Canteiros de Soutelo, S.L., Granidema, S.L., Seguros Liberty, S.A., comunidade hereditaria de Manuel Rodríguez Rodríguez

Avogados/as: Esther Álvarez Pérez, Fogasa, Rafael de Larriva Pereira, Gema García Gómez, Alfredo Briales de Porcioles, Ramón José Pena Fraga, Pilar Armada Suárez, Celestino Muinelo Voces

Procuradores/as: María Ángeles Fernández Rodríguez, María del Carmen Camba Méndez, Alicia Lodos Pazos, Jose Ramón Curbera Fernández

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3676/2016-GA desta sala, seguido por instancia de José Antonio Vilar Diz contra Lemos Romero, S.L., Fogasa, Granitos Martínez, S.A., Fernández Contreras Granitos, S.A., Granitos Budiño, S.L., David Fernández Grande, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Serafín Santos Rodríguez, Laureano Estévez Fernández, Canteiros de Soutelo S.L., Granidema, S.L., Seguros Liberty, S.A. e comunidade hereditaria de Manuel Rodríguez Rodríguez sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«A sala acorda desestimar a solicitude de aclaración formulada pola representación de José Antonio Vilar Diz e estimar a solicitude de aclaración e rectificación da resolución formulada pola representación de David Fernández Grande, S.L., sen alterar en modo ningún o seu contido, que queda redactado da seguinte forma:

“Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do actor José Antonio Vilar Diz contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo con data do 8 de marzo de 2016, debemos revogar e revogamos a devandita resolución e, con estimación da petición subsidiaria da demanda formulada polo recorrente, debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da indemnización de 130.000 euros e condenamos mancomunadamente ao seu aboamento ás codemandadas comunidade hereditaria de Manuel Rodríguez Rodríguez, Serafín Santos Rodríguez, Laureano Estévez Fernández, Granitos Budiño, S.L., Granitos Martínez, S.A., Canteiros de Soutelo, S.L., Fernández Contreras Granitos, S.L., Granidema S.L. e Lemos Romero, S.L., en proporción ao tempo traballado polo demandante para cada empresa demandada, e absolvemos o resto das codemandadas”.

Notifíquese a presente resolución.

Modo de impugnación: contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún distinto ao que, se é o caso, coubese fronte á resolución aclarada.

Así, por este auto, o acordan, mandan e asinan os maxistrados/as sinalados na marxe. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Budiño, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza