Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25849

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios, prevé, no seu artigo 3.2, que as prazas que nel se indican poderán ser cubertas mediante o correspondente concurso específico de méritos e polo prazo que se determine na convocatoria. As devanditas prazas deberán ser provistas a través dun concurso específico de méritos mediante nomeamento temporal con reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que, en ningún caso, poderá exceder en máis de seis anos.

A atención do alumnado con necesidades educativas específicas nos centros de escolarización preferente recollidos na disposición adicional quinta do Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, debe efectuarse con profesorado con destino definitivo. Sen prexuízo do anterior, a escolarización do alumnado de atención preferente en centros ordinarios que, por non ser de escolarización preferente, non van contar con recursos humanos permanentes, aconsella unha certa permanencia do mestre ou mestra co alumnado de ser posible durante unha etapa educativa, evitando un cambio de docente cada curso académico. Posto que estas necesidades educativas teñen un carácter temporal e non se poden cubrir con carácter definitivo, procede a súa provisión en réxime de comisión de servizos.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Convocar concurso público de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres, para adxudicar, en comisión de servizos, as prazas que figuran no anexo I desta orde.

Artigo 2. Participantes e requisitos

Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres que se atope en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2016/17 e que posúa a especialidade que se requira para cada praza, así como o título de perfeccionamento en lingua galega ou do certificado de lingua galega (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a solicitude sexa selada e datada polo persoal funcionario antes de ser certificada.

Logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes e demais documentación, non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase a renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo de reclamacións á resolución provisional establecido no punto 2 do artigo 5, entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións formuladas.

Artigo 4. Solicitudes e documentación

Aínda que aspire a máis dunha praza o persoal concursante presentará unha única solicitude axustada ao modelo que figura como anexo III, coa que achegará cuberta a folla de autobaremación que figura como anexo IV e a documentación que se indica no baremo que figura como anexo II para a acreditación dos méritos que alegue.

Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos dos méritos alegados que xa figuren no seu expediente persoal na aplicación informática www.edu.xunta.es/datospersoais

No caso de que o persoal participante posúa méritos que non consten no seu expediente ou que sexan incorrectos, deberá xerar unha nova instancia na aplicación www.edu.xunta.es/datospersoais e, xunto cunha copia compulsada dos méritos alegados, achegala coa solicitude de participación neste concurso específico.

Artigo 5. Comisión de selección

1. A selección dos/das aspirantes será realizada por unha comisión, integrada polos seguintes membros:

Presidente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou persoa en quen delegue.

Vogais: ata un máximo de tres vogais, entre persoal funcionario de carreira que ocupe postos de xefatura de servizo ou xefatura de sección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou membros da inspección educativa, e un/unha vogal membro dos equipos de orientación específicos.

Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario ou secretaria con voz e sen voto.

Ademais, poderá asistir á comisión unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

2. Para a valoración dos puntos do baremo establecido no anexo II a comisión de selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Logo de realizada a valoración, publicarase no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o baremo provisional dos méritos e a relación provisional de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Contra o baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas as persoas interesadas poderán formular as reclamacións que consideren, no prazo de cinco días naturais contado desde o seguinte ao da súa publicación. As reclamacións entenderanse contestadas mediante a publicación da resolución definitiva.

3. Os membros da comisión e, de ser o caso, da subcomisión, estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo) e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, c. de erros do 1 de xuño) estando cualificadas na categoría primeira.

Artigo 6. Proposta de nomeamento

Será seleccionado o persoal aspirante que acade as maiores puntuacións no total dos puntos recollidos no baremo establecido no anexo II para a praza que solicita.

No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos puntos 5.4, 5.3, 3.1, 3.2, 3.3, 3.4, 3.5, 2, 1 e 4.

Logo de realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección emitirá unha proposta de nomeamento dirixida ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 7. Resolución da convocatoria

A resolución da convocatoria será ditada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos e publicarase no Diario Oficial de Galicia e por ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas concursantes que afecte.

Contra a resolución da convocatoria, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 8. Toma de posesión

As persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2017, e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos e con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun ano prorrogable ata que o alumno remate a etapa educativa que cursa e como máximo por un período que, incluída a comisión de servizos inicial e as eventuais prórrogas, non poderá superar os 6 anos de duración, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo. A prórroga exixirá petición da persoa interesada e o informe favorable do equipo de orientación específico.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

1. Os requisitos para participar nesta convocatoria e os méritos que aleguen as persoas solicitantes deberán estar referidos á data de finalización do prazo de solicitudes.

2. Todos os méritos que consten no expediente do persoal participante non terán que xustificalos.

3. No que atinxe á antigüidade e ao cómputo dos servizos docentes, non se computarán as fraccións inferiores a un ano.

4. A titulación de grao valorarase como unha titulación de segundo ciclo sempre e cando non sexa a alegada para o ingreso no corpo.

5. As actividades de formación do profesorado, a partir do 23 de maio, deberán cumprir co establecido na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG núm. 96, do 22 de maio).

6. Para optar a prazas que requiran o coñecemento da linguaxe de signos, as persoas solicitantes deberán posuír do título de intérprete de lingua de signos expedido pola Confederación Nacional de Xordos de España ou por algunha federación autonómica confederada, ou ben o título de técnico superior de interpretación de lingua de signos (ciclo formativo de grao superior).

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Centro

Prazas

Localidade

Provincia

CEIP San Pedro de Visma (3), (6)

1 PT

A Coruña

A Coruña

CEIP E. Pardo Bazán (3)

1 PT

A Coruña

A Coruña

CEIP Ponte dos Brozos (1), (3), (6)

1 PT

Arteixo

A Coruña

IES Praia de Barraña (3), (6), (8)

1 PT

Boiro

A Coruña

CEIP San Luís Romero (3), (6)

1 PT

Carballo

A Coruña

IES Isidro Parga Pondal (3), (6)

1 PT

Carballo

A Coruña

CEIP Isaac Díaz Pardo (2), (6)

1PT

1 AL

Culleredo

A Coruña

CEIP Ría do Burgo (2), (6)

1 PT

1 AL

Culleredo

A Coruña

CEIP Sofía Casanova (2), (6)

1 PT

Culleredo

A Coruña

CEIP Mestre Pastor Barral (3)

1 PT

Melide

A Coruña

CEIP Felipe de Castro (2), (6)

1 PT

1 AL

Noia

A Coruña

CEE Manuel López Navalón (2)

2 AL

Santiago de Compostela

A Coruña

CEIP Virxe do Portal

(compartido co CEIP de Toques) (4)

1 AL

Sobrado/Toques

A Coruña

CEIP Os Tilos (2), (6), (8)

2 PT

Teo

A Coruña

CPI de Atios (3)

1 PT

Valdoviño

A Coruña

IES da Terra Cha José Trapero (2)

1 PT

Castro de Rei

Lugo

CEIP Plurilingüe O Corgo (4)

1 AL
Requisito: coñecemento linguaxe de signos

O Corgo

Lugo

CPI Ramón Piñeiro (4), (6)

1 PT

Láncara

Lugo

CEE Santa María (2)

2 PT

Lugo

Lugo

CEIP de Casás (2)

1 PT

1 AL

Lugo

Lugo

CEIP Illa Verde (2)

1 PT

Lugo

Lugo

CEIP Menéndez Pelayo (3), (6), (8)

1 PT

Lugo

Lugo

IES Leiras Pulpeiro (2)

2 PT

Lugo

Lugo

IES Sanxillao (4)

1 AL
Requisito: coñecemento linguaxe de signos

Lugo

Lugo

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (3)

1 AL
Requisito: coñecemento Comunicador «Vantage Lite» co sistema de comunicación «Meanspeak» e do programa «The Grip 3»

Lugo

Lugo

CEIP Plurilingüe A Gándara (2)

1 PT

1 AL

Monforte de Lemos

Lugo

CEIP Plurilingüe A Gándara (3), (6)

1 PT

Monforte de Lemos

Lugo

CEIP de Monforte de Lemos (3)

1 PT

Monforte de Lemos

Lugo

IES Río Cabe (5)

1 PT

Monforte de Lemos

Lugo

CEIP Antonio Ínsua Bermúdez (2)

1 PT

Vilalba

Lugo

CEIP Condesa de Fenosa (2)

1 PT

Barco de Valdeorras, O

Ourense

CEIP San Marcos (2)

1 PT

Cartelle

Ourense

CEIP de Castrelo de Miño (6)

1 PT

Castrelo de Miño

Ourense

CEIP Manuel Luís Acuña (1)

1 PT con afín AL

Ourense

Ourense

CEIP Manuel Sueiro (2)

1 PT

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso (2)

1 PT

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe de Seixalbo (3)

1 PT con afín AL

Ourense

Ourense

CPI José García García (2), (3)

1 PT

1 AL

Ourense

Ourense

IES O Couto (12)

1 PT

Ourense

Ourense

CEE Príncipe Felipe (1), (3)

10 PT

1 AL

Pontevedra

Pontevedra

CEIP Santo Paio de Abaixo (8)

1 AL

Requisito: coñecemento linguaxe de signos

Redondela

Pontevedra

CEIP Nº 1 (2)

1 PT

Tui

Pontevedra

IES Ricardo Mella (3)

1 PT

Vigo

Pontevedra

CEIP de Fonte Escura (2), (3)

4 PT

1 AL

Vigo

Pontevedra

(1) Trastornos graves da conduta.

(2) Trastorno do espectro do autismo.

(3) Discapacidade motora.

(4) Discapacidade sensorial (hipoacusia).

(5) Discapacidade sensorial (coñecementos de braille).

(6) Discapacidade intelectual.

(7) Sobredotación intelectual.

(8) Pluridiscapacidade.

ANEXO II

Méritos

Total puntos máximo

1. Antigüidade

Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente no corpo de mestres: 0.50 puntos por ano

6 puntos

2. Servizos

Servizos prestados na especialidade de Pedagoxía terapéutica ou na de Audición e linguaxe:

2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente na especialidade de Pedagoxía Terapéutica cando a praza que se solicite sexa desta especialidade: 0.50 puntos por ano.

2.2. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente na especialidade de Audición e linguaxe cando a praza que se solicite sexa desta especialidade: 0.50 puntos por ano.

6 puntos

3. Méritos académicos relacionados coa praza:

3.1. Polo título de doutor: 3 puntos.

3.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos 60 créditos: 2 puntos.

3.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma de estudos avanzados: 1 punto (este mérito non se valorará cando sexa alegado o título de doutor).

3.4. Por cada titulación de segundo ciclo: 0.5 puntos.

3.5. Pola segunda e restantes titulacións de primeiro ciclo: 0.25 puntos.

6 puntos

4. Outros méritos académicos:

4.1. Polo título de doutor: 1,5 puntos.

4.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos 60 créditos: 1 punto.

4.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma de estudos avanzados: 0,5 puntos (este mérito non se valorará cando sexa alegado o título de doutor).

4.4. Por cada titulación de segundo ciclo: 0.25 puntos.

4.5. Pola segunda e restantes titulacións de primeiro ciclo: 0.125 puntos.

6 puntos

5. Formación e perfeccionamento:

5.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados): ata 2 puntos.

5.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados. No caso da impartición valorarase (0,10 puntos por cada 3 horas): ata 1 punto.

5.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas coas necesidades educativas especiais (0,10 puntos por cada 10 horas): ata 3 puntos.

5.4. Por actividades de formación específica directamente relacionadas coa praza (0,20 puntos por cada 10 horas): ata 3 puntos.

9 puntos

missing image file

ANEXO IV

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

NRP

Concepto

Puntuacións

parciais

Total

1. Antigüidade:

Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente no corpo de mestres: 0.50 puntos por ano.

0,50

2. Servizos:

Servizos prestados na especialidade de Pedagoxía terapéutica ou na de Audición e linguaxe:

2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente na especialidade de Pedagoxía terapéutica cando a praza que se solicite sexa desta especialidade.

2.2. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente na especialidade de Audición e linguaxe cando a praza que se solicite sexa desta especialidade.

0,50

0,50

3. Méritos académicos relacionados coa praza:

3.1. Polo título de doutor:

3.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos 60 créditos.

3.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificad. diploma de estudos avanzados.

3.4. Por cada titulación de segundo ciclo.

3.5. Pola segunda e restantes titulacións de primeiro ciclo.

3

2

1

0,50

0,25

4. Outros méritos académicos:

4.1. Polo título de doutor:

4.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos 60 créditos

4.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificad. diploma de estudos avanzados.

4.4. Por cada titulación de segundo ciclo.

4.5. Pola segunda e restantes titulacións de primeiro ciclo.

1,5

1

0,5

0,25

0,125

5. Formación e perfeccionamento:

5.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).

5.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos (no caso da impartición valorarase 0,10 puntos por cada 3 horas).

5.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas coas necesidades educativas especiais (0,10 puntos por cada 10 horas).

5.4. Por actividades de formación específica directamente relacionadas coa praza (0,20 puntos por cada 10 horas).

Ata 2 puntos

Ata 1 punto

Ata 3 puntos

Ata 3 puntos