Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25180

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (133/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 133/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Cela Taboada contra Paorga, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela o 3 de maio de 2017.

Antecedentes de feito

Único. David Cela Taboada presentou escrito en que solicita a execución da Sentenza 81/2017, do 9 de febreiro de 2017, ditada no procedemento ordinario 350/2014 contra Paorga, S.L. e Fogasa.

Fundamentos de dereito

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei e que se debe despachar esta de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e coa solicitude de execución presentada, a cantidade pola cal se despacha execución é de 10.307,84 euros en concepto de principal (9.102,23 euros en concepto de indemnización por despedimento, 1.005,61 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios do letrado) e de 1.030,78 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, o 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC), subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumprise a obriga de manifestar bens ou se ocultasen elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, se poderá incrementar o xuro legal que se deberá aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro ou aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, de ser o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se instase, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 81/2017, do 9 de febreiro de 2017, ditada no procedemento ordinario 350/2014 a favor da parte executante, David Cela Taboada, contra Paorga, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 10.307,84 euros en concepto de principal (9.102,23 euros en concepto de indemnización por despedimento, 1.005,61 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 1.030,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, e indicar no campo «Concepto», “Recurso” seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social- reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o 3 de maio de 2017.

Antecedentes de feito

Primeiro. David Cela Taboada presentou demanda de execución da Sentenza 81/2017, do 9.2.2017, ditada no procedemento ordinario 350/2014 contra Paorga, S.L. e Fogasa.

Segundo. O 3 de maio de 2017, este órgano xudicial ditou auto en que se despacha orde xeral de execución pola cantidade de 10.307,84 euros en concepto de principal (9.102,23 euros en concepto de indemnización por despedimento, 1.005,61 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios do letrado) máis outros 1.030,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Paorga, S.L., realizada mediante decreto do 4 de decembro de 2014, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 287/2014, cuxa copia testemuñada se une aos autos para efectos de constancia.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non presente ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e co contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse mediante auto desta data, e é procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar este decreto sinalando as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, de ser o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións. Poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as investigacións de bens do artigo 250 desta lei e deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, de ser o caso. Por iso, e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s, adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Paorga S.L., dar audiencia previa á parte demandante, David Cela Taboada e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e indicar no campo «Concepto», “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida de “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza