Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (123/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 123/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra García García contra Comercial Fiba Galicia, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto

Maxistrada xuíza

Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela o dous de maio de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito

Único. Sandra García García presentou escrito solicitando a execución da Sentenza 59/2017 do 2 de febreiro de 2017 ditada no procedemento ordinario 259/2014 fronte a Comercial Fiba Galicia, S.L., Fogasa.

Fundamentos de dereito

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 4.515,92 euros en concepto de principal (3.471,59 euros en concepto de salarios, vacacións e horas extras; 1.044,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior) e de 451,59 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses desde o despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumprise a obriga de manifestar bens ou se ocultasen elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderase incrementar o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se instase, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a letrada da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 59/2017 do 2 de febreiro de 2017 ditada no procedemento ordinario 259/2014 a favor da parte executante, Sandra García García, fronte a Comercial Fiba Galicia, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 4.515,92 euros en concepto de principal (3.471,59 euros en concepto de salarios, vacacións e horas extras; 1.044,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 451,59 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC; a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación e as débedas non serón admisibles como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíz. A letrada da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o dous de maio de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto despachando execución a favor de Sandra García García fronte a Comercial Fiba Galicia, S.L., Fogasa, pola cantidade de 4.515,92 euros en concepto de principal (3.471,59 euros en concepto de salarios, vacacións e horas extras; 1.044,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 451,59 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC, que ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a letrada da Administración de xustiza responsable dela, ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e descubrimento dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se deba facer ao debedor en casos que o estableza a lei; ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Comercial Fiba Galicia, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 4.515,92 euros en concepto de principal (3.471,59 euros en concepto de salarios, vacacións e horas extras; 1.044,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 451,59 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0123 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo do seu descubrimento a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Comercial Fiba Galicia, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Fiba Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza