Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (CLP 175/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de clasificación profesional 175/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Balboa Carbia contra Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., Recmosa, Juan José Juega Cuesta, Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Club Financiero Atlántico, S.A. e Fogasa sobre clasificación profesional, ditouse sentenza, cuxo fallo di:

Que debo estimar e estimo a demanda en materia de clasificación profesional, formulada por Manuela Balboa Carbia, contra a entidade Club Financiero Atlántico, S.A., e debo declarar e declaro que a categoría profesional de Manuela Balboa Carbia, é a de xefa de cociña, e debo condenar e condeno á entidade Club Financiero Atlántico, S.A., a recoñecer esta. Que debo desestimar e desestimo a demanda en materia de cantidade, formulada por Manuela Balboa Carbia, contra a entidade Club Financiero Atlántico, S.A., ao percibir retribucións salariais superiores á categoría profesional recoñecida no presente procedemento.

Que debo desestimar e desestimo a demanda en materia de clasificación profesional e cantidade, formulada por Manuela Balboa Carbia, contra as entidades Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., a súa administración concursal, e Propietaria Club Financiero Atlántico S.A., ás que debo absolver de todo o peticionado na súa contra, ao carecer de lexitimación pasiva.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndoos saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á propietaria Club Financiero Atlántico, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza