Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (930/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 930/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Parga Naya contra Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Resolución do 28 de abril de 2017 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L., expido o presente edicto a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza