Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25185

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO ( ETX 125/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 125/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Hernández Rodríguez contra Centyc Europa, S.L., Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións:

AUTO:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017.

Antecedentes de feito:

Único. Guadalupe Hernández Rodríguez presentou escrito solicitando a execución da sentenza 28/2017 do 23 de xaneiro de 2017 ditada no procedemento ordinario 76/14 fronte a Centyc Europa, S.L., Fogasa.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 ten examinado a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade o disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 7.469,69 euros en concepto de principal (6.591,50 euros en concepto de atrasos e indemnización, 242,65 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 776,90 euros, 635,54 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por despedimento que comporta 5.814,60 euros) e de 746,96 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de prema en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LEC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal a aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LEC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 28/2017 do 23 de xaneiro de 2017 ditada no procedemento ordinario 76/14 a favor da parte executante, Guadalupe Hernández Rodríguez, fronte a Centyc Europa, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 7.469,69 euros en concepto de principal (6.591,50 euros en concepto de atrasos e indemnización, 242,65 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 776,90 euros, 635,54 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por despedimento que comporta 5.814,60 euros), máis outros 746,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LEC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina su señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Guadalupe Hernández Rodríguez presentou demanda de execución da sentenza nº 28/2017 de data 23 de xaneiro de 2017 ditada no procedemento ordinario 76/2014 fronte a Centyc Europa, S.L., Fogasa.

Segundo. En data 3 de maio de 2017 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 7.469,69 euros en concepto de principal (6.591,50 euros en concepto de atrasos e indemnización, 242,65 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 776,90 euros, 635,54 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por despedimento que comporta 5.814,60 euros), máis outros 746,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Centyc Europa, S.L., realizada por Decreto de data 11 de xuño de 2015, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 25/2015, cuxa copia testemuñada se une as actuacións para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non adoeza de ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LEC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, sendo procedente, por imperativo do apartado 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto sinalando as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base abondo para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podendo ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens de ser o caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Centyc Europa, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Guadalupe Hernández Rodríguez e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e de ser o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Centyc Europa,S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza