Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017166AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 7 de abril de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017166AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Tencrucho, S.L., con CIF B70465448, como titular do establecemento La Barraca.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se notifica a Tencrucho, S.L., como titular do establecemento La Barraca, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de abril de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017166AL-PO.

Denunciado: Tencrucho, S.L., con CIF B70465448, propietaria do establecemento La Barraca.

Último enderezo coñecido: praza da Independencia, nº 7, 36211 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 4 do Decreto 204/2012, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

Artigos 14.1, 17.1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios: artigos 3 e 4.2 e o capítulo I puntos 1, 4, e 8; capítulo II puntos 1, 2 e 3; capítulo V punto 1; capítulo IX puntos 1, 2, 3, 5, 6 e 7 e capítulo IX punto 1 do anexo II.

Tipificación: dúas infraccións graves segundo o artigo 51, punto 2, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, e unha infracción leve segundo artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: doce mil dous euros (12.002 €).