Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015074AL-LU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 18 de abril de 2017, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015074AL-LU incoado na Xefatura Territorial de Lugo á entidade Coporcel, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á entidade Coporcel, S.L. o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito para consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2015074AL-LU.

Interesado/a: Coporcel, S.L.

Documento de identificación: B27409044.

Último enderezo coñecido: avenida Fábrica da Luz, s/n, Recinto Feiral do Palomar, local 5, 27004 Lugo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Tipificación: leve.

Resolución: estimatoria parcialmente do recurso.

Sanción imposta: 2.500,00 €.