Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, suxeita a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, da subministración mediante a modalidade de renting de 143 vehículos para as brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais (expediente 17/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de submnistración.

b) Descrición do obxecto: submnistración de vehículos en réxime de renting pola Consellería do Medio Rural con destino á Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais para o persoal fixo e descontinuo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: oitenta e dous (82) vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo; lote 2: cincuenta e sete (57) vehículos todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo; lote 3: catro (4) vehículos todoterreo de sete prazas.

d) Prazo de execución: o cómputo do prazo iníciase a partir da sinatura da acta de entrega dos vehículos e será o seguinte: lote 1: 48 meses máis o número de días ofertados a maiores pola empresa adxudicataria, se for o caso. Lotes 2 e 3: 36 meses (distribuídos en catro anualidades), máis o número de días ofertados a maiores pola empresa adxudicataria, se for o caso.

e) Admisión de prórroga: si, posible prórroga por unha ou dúas anualidades máis.

f) CPV: 34113200-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 6.120.000 €, IVE (21 %): 1.285.200 €. Importe total: 7.405.200 €.

Valor estimado: 9.180.000,00 € (incluídas posibles prórrogas).

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo o disposto nas alíneas I e J do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (lote 1: 177.120 €; lote 2: 123.120 €; lote 3: 5.760 €).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano 4, CP 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=144522

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 26 de xuño de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do 6 de xullo de 2017.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta de los adxudicatarios.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de maio de 2017.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural