Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24665

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario público docente que imparte ensinanzas de niveis non universitarios prevé no seu artigo 3.2 que nos convenios que a Administración educativa estableza con outras administracións públicas, universidades, institucións, entidades ou empresas públicas ou privadas sen ánimo de lucro, para realizar actividades educativas, para o desenvolvemento de programas, unidades ou centros, poderá, de ser o caso, determinarse o sistema de cobertura de prazas que poidan resultar necesarias para o cumprimento deles. A provisión das prazas para cubrir pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizarase a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal, con reserva do posto de traballo de orixe, polo período de tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder os seis anos.

Así mesmo, o artigo 5 do dito decreto establece que se poden cubrir por este mesmo procedemento aquelas prazas que favorezan a elaboración de proxectos, innovacións curriculares ou metodolóxicas, entre as cales existen prazas de recente implantación ou de difícil cobertura polo procedemento ordinario.

Ao ser necesaria a provisión de distintas prazas por mor dos diversos convenios entre a Administración educativa e distintas institucións ou entidades a que se refire o citado artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e outras incluídas no artigo 5 do dito decreto, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto, que autoriza o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Convocar concurso público de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para adxudicar en comisión de servizos as prazas que figuran no anexo I desta orde.

Artigo 2. Participantes e requisitos

Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2016/17 e que estea en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega ou do certificado de lingua galega (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.

Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia o 31 de agosto de 2017 aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación

O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a solicitude sexa selada e datada polo persoal funcionario antes de ser certificada.

Logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes e demais documentación, non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase a renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo de reclamacións á resolución provisional establecido no punto 3 do artigo 5, entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións formuladas.

Artigo 4. Solicitudes e documentación

Aínda que concurse a máis dunha praza, o persoal concursante presentará unha única solicitude axustada ao modelo que figura como anexo III, coa cal achegará cuberta a folla de autobaremación que figura como anexo IV e a documentación que se indica no baremo que figura como anexo II para a acreditación dos méritos que alegue.

Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos dos méritos alegados que xa figuren no seu expediente persoal na aplicación informática www.edu.xunta.es/datospersoais

No caso de que o persoal participante posúa méritos que non consten no seu expediente ou que sexan incorrectos, deberá xerar unha nova instancia na aplicación www.edu.xunta.es/datospersoais e, xunto cunha copia compulsada dos méritos alegados, achegala coa solicitude de participación neste concurso específico.

As persoas concursantes presentarán ademais un proxecto de traballo por cada posto que soliciten, que versará sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes a cada posto, tendo en conta as características destes, cunha extensión máxima de 20 folios por proxecto.

Artigo 5. Comisión de selección

1. A selección das persoas aspirantes será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidente: o director xeral de Centros e Recursos Humanos ou persoa en quen delegue.

Vogais: ata un máximo de catro vogais, entre persoal funcionario de carreira que ocupe postos de subdirección xeral ou xefatura de servizo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou membros da inspección educativa, e o director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ou persoa en quen delegue.

Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario ou secretaria con voz e sen voto.

A comisión de selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas expertas, que se limitarán a prestar a súa colaboración. Ademais, poderá asistir unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na Mesa Sectorial Docente non universitaria, con voz e sen voto.

2. A comisión poderá dispoñer a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coide pertinentes. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear unha persoa representante, con voz e sen voto, para a asistencia ás sesións das subcomisións.

3. Para a valoración dos números 1, 2, 3.1 e 3.2 do baremo establecido no anexo II, a comisión de selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Logo de realizada a valoración, publicarase no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o baremo provisional dos méritos e a relación provisional de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Contra o baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas as persoas interesadas poderán formular as reclamacións que consideren, no prazo de cinco días naturais contados desde o seguinte ao da súa publicación. As reclamacións entenderanse contestadas mediante a publicación da resolución definitiva.

Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no/s proxecto/s poderá ser convocado pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para apreciar mellor as circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o/s proxecto/s presentado/s.

5. Os membros da comisión e, de ser o caso, da subcomisión, estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, Corrección de erros do 1 de xuño), e estarán cualificadas na categoría primeira.

Artigo 6. Proposta de nomeamento

O persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 4 puntos no correspondente proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderá ser proposto pola comisión. Será seleccionado o persoal aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acade as maiores puntuacións no total dos puntos recollidos no baremo establecido no anexo II para a praza que solicita.

No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 1, 3.3, 3.1, 3.2 e 2.

Logo de realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección emitirá unha proposta de nomeamento dirixida ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 7. Resolución da convocatoria

A resolución da convocatoria será ditada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e publicarase no Diario Oficial de Galicia e por ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas concursantes ás cales afecte.

Contra a resolución da convocatoria, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 8. Toma de posesión

As persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2017, e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos, por un período dun ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

1. Os requisitos para participar nesta convocatoria e os méritos que aleguen as persoas solicitantes deberán estar referidos á data de finalización do prazo de solicitudes.

2. Todos os méritos que consten no expediente do persoal participante non terán que xustificalos.

3. No que atinxe á antigüidade non se computarán as fraccións inferiores a un ano.

4. A titulación de grao valorarase como unha titulación de segundo ciclo sempre e cando non sexa a alegada para o ingreso no corpo.

5. As actividades de formación do profesorado a partir do 23 de maio deberán cumprir co establecido na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG núm. 96, do 22 de maio).

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Nº do posto

1

Convenio: coordinador/a de escolarización da poboación marxinada

Destino

Lugo

Prazas

1 praza para mestres/as

Funcións

Potenciar a integración escolar dos alumnos de poboacións marxinadas. Coordinación cos diferentes centros. Xestións entre as familias para conseguir a súa escolarización. Control do absentismo escolar. Potenciación do interculturalismo.

Requisitos

Persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que acredite experiencia en programas de integración de minorías, experiencia en educación compensatoria, e habilidades de comunicación con poboacións marxinadas.

N.º do posto

2

Convenio: Secretaría Xeral para o Deporte

Destino

2.1 Santiago de Compostela

2.2 A Coruña

Prazas

1 praza para PES, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física, en Santiago de Compostela

1 praza para PES, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física, na Coruña

Funcións

Desenvolvemento da campaña do Deporte en idade escolar.

Participación na programación e divulgación da campaña de Deporte en idade escolar e as zonas e comarcas da súa área de actuación.

Organización e seguimento de competicións deportivas.

Coordinación do grupo de traballo e dinamización da campaña.

Elaboración de memorias e estatísticas da campaña.

Requisitos

Persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física.

Observacións

Horario adecuado ás necesidades da actividade deportiva e ao seu desenvolvemento ( tardes e fins de semana)

Necesidade de desprazamento ás competicións ou servizos de coordinación.

Nº do posto

3

Escola de Especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña)

Corpo

Código

Especialidade

Código

Nº de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Sistemas Electrónicos

124

5

Profesores de ensino secundario

590

Navegacións e Instalacións Mariñas

109

2

Profesores técnicos de formación profesional

591

Máquinas, Servizos e Produción

210

3

Nº do posto

4

Escola de Especialidades Fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña)

Corpo

Código

Especialidade

Código

Nº de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Administración de Empresas

101

2

Profesores de ensino secundario

590

Hostalaría e Turismo

106

1

Profesores de ensino secundario

590

Navegacións e Instalacións Mariñas

109

2

Profesores técnicos de formación profesional

591

Cociña e Pastelaría

201

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Procesos Comerciais

221

1

Nº do posto

5

Convenio: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Destino: Centro Integrado de Formación Profesional de Coia-Vigo

Corpo

Código

Especialidade

Código

Nº de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

112

2

Profesores técnicos de formación profesional

591

Mecanizado e Mantemento de Máquinas

211

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Instalacións Electrotécnicas

206

1

Nº do posto

6

Convenio: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Destino: Centro Integrado de Formación Profesional Santiago-Santiago de Compostela

Corpo

Código

Especialidade

Código

Nº de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Procesos de Produción Agraria (afín FOL)

115

3

Profesores técnicos de formación profesional

591

Operacións de Produción Agraria

216

1

Nº do posto

7

Denominación das prazas: asesor/a Abalar de zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar

Destino

Amtega. Situados fisicamente en: A Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol, Ortigueira, A Pobra do Caramiñal, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Prazas

9 prazas

Funcións

A función principal é o apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar. Entre estas caben destacar:

Soporte in situ, asesoramento e formación na instalación e utilización dos servizos educativos que se lles ofertan aos centros educativos.

Soporte técnico in situ á infraestrutura informática e de comunicacións.

Apoio e atención aos centros docentes da súa zona con relación a calquera aplicación ou sistema informático corporativo implantado ou que se vaia implantar neses centros.

Asesoramento sobre as necesidades de formación do persoal dos centros docentes en relación cos servizos educativos ofertados.

Requisitos

Coñecemento da realidade educativa, social e tecnolóxica dos centros educativos da zona de influencia da asesoría.

Coñecemento dos programas, plans e actuacións no ámbito das TIC nos centros educativos.

Coñecementos pedagóxicos sobre o aproveitamento das TIC no ámbito educativo.

Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado incluíndo, entre outros, a capacidade de instalar e configurar equipamentos informáticos en rede e os seus dispositivos periféricos.

Experiencia en traballo en equipo.

Nº do posto

8

Denominación das prazas: asesor/a Abalar XADE

Destino

Amtega. Santiago de Compostela

Prazas

2 prazas

Funcións

A función principal é a dirección funcional do desenvolvemento do sistema de información corporativo de xestión administrativa da educación, destacando:

Análise e deseño das necesidades e requirimentos do sistema corporativo para a xestión administrativa da educación.

Asesoramento e formación de usuarios sobre o sistema de información corporativo para a xestión administrativa da educación.

Asesoramento nas consultas, necesidades e incidencias relativas ao
dito sistema.

Requisitos

Coñecementos da lexislación e normativa do sistema educativo galego.

Coñecemento da realidade educativa e tecnolóxica dos centros educativos.

Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado incluíndo, en particular, as ferramentas informáticas para a xestión administrativa da educación (XADE).

Experiencia en traballo en equipo.

Nº do posto

9

Denominación das prazas: asesor/a Abalar soporte usuarios

Destino

Amtega. Lugo

Prazas

1 praza

Funcións

A función principal é o apoio a implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos no ámbito educativo. Entre estas caben destacar:

Soporte in situ, asesoramento e formación na instalación e utilización dos sistemas e servizos educativos.

Soporte técnico in situ á infraestrutura informática e de comunicacións.

Apoio e atención aos usuarios con relación a calquera aplicación ou sistema informático corporativo implantado ou que se vaia implantar.

Requisitos

Coñecemento da realidade educativa, social e tecnolóxica dos centros educativos.

Coñecemento dos programas, plans e actuacións no ámbito das TIC
na educación.

Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado incluíndo, entre outros, a capacidade de instalar e configurar equipamentos informáticos en rede e os seus dispositivos periféricos.

Experiencia en traballo en equipo.

Nº do posto

10

Denominación das prazas: asesor/a Abalar sistemas educación

Destino

Amtega. Santiago de Compostela

Prazas

1 praza

Funcións

A función principal é a dirección tecnolóxica da operación, mantemento e evolución dos sistemas de información que dan soporte aos procesos de xestión e formación no sistema educativo.

Requisitos

Coñecemento da realidade educativa e tecnolóxica dos centros educativos.

Coñecemento dos programas, plans e actuacións no ámbito das TIC nos centros educativos.

Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación, en particular do relativo aos sistemas corporativos educativos, tanto de xestión como de formación,da súa arquitectura e funcionamento.

Experiencia en traballo en equipo.

Nº do posto

11

Denominación das prazas: asesor/a Abalar estatísticas educativas

Destino

Amtega. Santiago de Compostela

Prazas

1 praza

Funcións

A función principal é o apoio no desenvolvemento das estatísticas educativas desenvolvidas pola unidade de Estatística Educativa, destacando:

Análise e deseño das necesidades e requirimentos do sistema corporativo de estatística educativa.

Desenvolvemento dos procesos de recollida, análise e procesamento da información dos ditos procesos estatísticos.

Asesoramento e formación de usuarios sobre o sistema de información corporativo de estatística educativa, e sobre as operacións estatísticas e o seu desenvolvemento.

Asesoramento nas consultas, necesidades e incidencias relativas aos ditos sistemas e procesos.

Requisitos

Coñecemento dos programas, plans e actuacións no ámbito das estatísticas educativas.

Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado incluíndo, entre outros, as ferramentas informáticas relacionadas coas estatísticas educativas.

Coñecementos avanzados de estatística e, en particular, de estatística educativa.

Coñecemento da realidade educativa e tecnolóxica dos centros educativos.

Experiencia en traballo en equipo.

Nº do posto

12

Programa específico: Consellería de Sanidade

Destino

10.1. Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Calde de Lugo

10.2. Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Prazas

1 praza para mestres/as: Lugo

1 praza para mestres/as: Vigo

Funcións

Proseguir a formación dos/das nenos/as durante a permanencia no hospital, sen que a actividade docente cause prexuízos ao seu benestar e non obstaculice os tratamentos correspondentes. Manter hábitos de estudo. Coordinación cos centros educativos aos cales asisten normalmente. Estimular a actividade creativa para evitar o aburrimento. Dar un carácter positivo e contido formativo aos tempos libres e de ocio no hospital.

Requisitos

Persoal funcionario de carreira do corpo de mestres

Observacións

Horario adaptado ás necesidades do centro

ANEXO II

Conceptos

Puntuación

Total puntos máximo

Documentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servizo como funcionario/a.

0,50 puntos

5 puntos

2. Méritos académicos:

As titulacións no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o que se participa, valoraranse da forma seguinte:

(titulacións distintas ás alegadas para ingreso no corpo no concurso de traslados)

2.1. Polo título de doutora/doutor..............................................

2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes..............................................................................

2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura.............................

2.4. Título de grao.....................................................................

1 punto

0,50 puntos

0,25 puntos

0,50 puntos

2 puntos

Copia compulsada das titulacións alegadas.

3. Formación e perfeccionamento:

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).............................

3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos (0,10 puntos por cada 3 horas).................................................

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto ao cal se pretende acceder (0,10 puntos por cada 10 horas) ..............................................

Ata 2 puntos

Ata 1 punto

Ata 3 puntos

6 puntos

Copia compulsada da documentación alegada.

4. Proxecto de traballo:

O proxecto de traballo deberá conter os obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita...............................(puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 4 puntos)

Ata 6 puntos polo proxecto

Ata 6 puntos

Orixinal, cunha extensión máxima de 20 folios

5. Entrevista sobre o proxecto presentado (puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 4 puntos).

Ata 6 puntos pola entrevista

Ata 6 puntos

missing image file
missing image file