Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24679

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (105/2016).

Procedemento ordinario 105/2016

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: BMW Bank GMBH Sucursal de España

Procurador: Jesús Marquina Fernández

Avogado: Francisco Rodríguez-Gigirey Pérez

Demandado: Eduardo Félix Rosales Fernández

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

«Sentenza

En Ourense o 10 de novembro de 2016.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no procedemento civil ordinario 105/2016, en que é parte demandante BMW Bank GMBH Sucursal de España, representada polo procurador Sr. Marquina e asistencia do letrado Sr. Gigirey Pérez, e como demandado Eduardo Félix Rosales Fernández, en situación de rebeldía procesual ao non comparecer á audiencia previa nin contestar á demanda, cos seguintes

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito:

Decido que, estimando a demanda presentada polo procurador Sr. Marquina, que actúa en nome e representación de BMW Bank GMBH Sucursal de España, fronte a Eduardo Félix Rosales Fernández e, na devandita razón, condénase este último a que aboe á demandante a cantidade de 6.142,70 euros á cal son de aplicación os xuros legais do modo xa exposto.

En canto a custas, obsérvese o acordado igualmente no punto correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense nos termos previstos na LAC, na súa nova redacción.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Darío Carpio Estévez Pérez. Asinado e rubricado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Eduardo Félix Rosales Fernández, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación en forma.

Ourense, 31 de marzo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza