Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 3 de maio de 2017 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución do procedemento sancionador 15/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

Notifícaselle a interesada que se sinala no anexo de este anuncio a resolución do procedemento sancionador 15/2016, quen poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 15/2016.

Interesada: Lácteos Ortegal, S.L.

NIF: ****48901.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Último enderezo coñecido: rúa de A Baixa, 4 Ent., 27004 Lugo.