Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2017, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na PO-331, treito Atín, punto quilométrico 1+890-2+810, nos concellos de Mos e O Porriño (clave PO/16/104.06).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 9 de decembro de 2016, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na PO-331, treito Atín, p.q. 1+890-2+810, nos concellos de Mos e O Porriño, de clave PO/16/104.06 polo Decreto 183/2016, publicado no Diario Oficial de Galicia do 22 de decembro de 2016.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Mos e O Porriño para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a seguir co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal do Porriño.

Lugar: Casa do Concello.

Data: 2 de xuño de 2017, das 9.00 ás 9.30 horas.

Termo municipal de Mos.

Lugar: local social Os Castros (Pereiras).

Data: 2 de xuño de 2017, das 10.15 ás 13.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos nos concellos de Mos e O Porriño, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43-1º).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar, á súa custa, se o considera oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43-1º), as alegacións que coiden pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Pontevedra, 27 de abril de 2017

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra