Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de marzo de 2017, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Burela, por parte de Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con destino á explotación de liña eléctrica de media tensión e centro de transformación de 630 kV, propiedade de Portos de Galicia, para subministración á lonxa de Burela.

Andrés Lema Martínez, actuando en representación de Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., solicita unha nova concesión administrativa para ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de liña eléctrica de media tensión e centro de transformación de 630 kV, propiedade de Portos de Galicia, para subministración á lonxa de Burela.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de marzo de 2017

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte