Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade á Sentenza 590/2016, no procedemento ordinario 4521/2011 (expediente Planeamento 2011002613).

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4521/2011, en relación co Decreto 187/2011, da Xunta de Galicia, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, interposto pola entidade Coper, S.A., ditouse a Sentenza 590/2016, do 6 de outubro, pola que se estima o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade á súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José María Moreda Allegue, en nome e representación da entidade Coper, S.A., contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, e anulamos o decreto impugnado, aínda que limitado ao ámbito AR-36-E.

Non se fai condena en custas.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que deberá prepararse mediante escrito que se presentará nesta sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 da dita lei».

Así mesmo, a Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou auto no sentido de inadmitir a trámite o recurso de casación número 189/2016, preparado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Ourense contra a Sentenza 590/2016, do 6 de outubro, pronunciada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 19 de abril de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente