Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23841

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (MMC 1313/2016).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento modificación de medidas suposto contencioso 1313/2016, se ditou a Sentenza número 147/2017, do 28 de marzo, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución

Que estimando substancialmente a demanda de modificación de medidas definitivas interposta polo procurador Sr. Salgado Tenreiro, en nome e representación de María Rosa Fernández Beiroa, asistida do letrado Sr. Iglesias Castro fronte a Esteban Ariel Montes Davila, declarado en rebeldía procesual, e con intervención da representante do Ministerio Fiscal, dada a existencia dos fillos menores de idade Juan, David e Raquel Montes Fernández, procede adoptar as seguintes novas medidas:

I. A suspensión de todo réxime de estancias e comunicación do demandado cos tres fillos menores habidos en común. O inicio efectivo do réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio supedítase á previa comunicación fidedigna do demandado da súa vontade de cumprilo.

II. A adopción, sequera como medida cautelar ex 156 e 158.6º Código civil, da atribución a ela do exercicio unilateral da patria potestade en cuestións médicas, sanitarias, educativas e atinentes ao domicilio, residencia, pasaporte e empadroamento e saída ao estranxeiro e análogas administrativas dos tres menores.

A estimación substancial da demanda non obsta para que, dada a propia natureza familiar do presente proceso, non proceda ningún pronunciamento condenatorio exclusivo sobre o aboamento das custas.

Notifíquese ás partes a presente resolución en legal forma e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, de conformidade co artigo 458 da Lei de axuizamento civil e D. A. 15º da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino. Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Esteban Ariel Montes Davila, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza