Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 192/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 192/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Argibay Gutiérrez, Luis Ramos Falcón e Beatriz Ramos Falcón contra a empresa La Reigosa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o executado La Reigosa, S.L. en situación de insolvencia por importe de 36.870,94 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, inscribilo no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza