Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se dá publicidade da sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais (expediente 2008/0082-0).

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se relaciona, pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, dáselle publicidade de conformidade co disposto na Orde do 30 de xullo de 2008 da Consellería de Traballo, sobre a publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Expediente: RL 2008/0082-0.

Nome ou razón social da empresa: Interburgo Vigo, S.A.

Sector da actividade e CNAE: xestión de instalacións deportivas (9311).

CIF: A82072976.

Domicilio social: San Lourenzo-Domaio, s/n, 36955, Moaña (Pontevedra).

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Incumprir as disposicións mínimas de seguridade e saúde no desenvolvemento da actividade, xerando un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigos 14, 15, 16, 17.1 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 3, número 2.1.d), do anexo I do Real decreto 1215/1997.

Importe da sanción económica imposta: 46.000,00 euros.

Data de expedición da acta: 20.5.2008.

Data de firmeza da sanción: 7.2.2017.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde do 30 de xullo de 2008 da Consellería de Traballo, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, inscribiranse no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, os datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde.

Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego