Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Empresarial de Bingos de Galicia (Abiga) co número 72-2089-1980.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación do artigo 5 dos estatutos da Asociación Empresarial de Bingos de Galicia (Abiga), que consiste no cambio de domicilio social que en virtude da dita modificación pasa a ser en rúa Urzaiz, 128, 36205 Vigo.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse á asociación os empresarios que presten ou realicen as súas actividades dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con traballadores ao seu cargo e que reúnan as condicións profesionais a que se refire o artigo 3, coa única condición de observar os presentes estatutos.

Asinantes: Juan Carlos Veloso Rodríguez (presidente) e María del Rocío Alarcón Urosa (secretaria).

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego