Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT CII809 Domaio Signo, no concello de Moaña, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2016/187-4).

A instalación denominada LMT CII809 Domaio Signo, no concello de Moaña, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 30 de maio de 2017, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Moaña.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e informáselles que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para as persoas titulares daqueles predios que figuran como descoñecidas ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 19 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT CII209 CT Domaio Signo-Moaña

Lugar

Cultivo

Representante

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 chan

ml aéreo

m2 aéreo

m2 sub.

Concello

3

Bulsiños

Prado

Juan Carlos Pastoriza Portela

Hdos. Manuel Pastoriza Cuña

2+CT

7,90

27,50

98,20

17,78

Moaña

4

Bulsiños

Prado

Humberto Rosales Pérez

2+CT

6,52

-

102,14

1,28

Moaña

5

Lamas

Labradío

Milagros Bermúdez Ferradas

1

1,10

-

-

-

Moaña