Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 30 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/559-1).

Expediente: IN407A 2015/559-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT, CT e RBT A Malata.

Concello: Ferrol.

Características técnicas:

– Retensado liña eléctrica de media tensión aérea LMT SMR-703, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,137 km, con orixe en apoio nº 16/3 da LMT SMR-703, no tramo ao CT A Malata (expediente 7306) que se vai retirar, condutor tipo LA-30 mm2 (existente) e final apoio nº 16/4 proxectado, que substitúe ao existente da LMT SMR-703, no tramo ao CT A Malata que se vai retirar.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,318 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 16/4 proxectado que substitúe o existente da LMT SMR-703, no tramo ao CT A Malata, que se vai retirar, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en empalmes proxectados coa liña subterránea que alimentan ao CT particular Campo de Fútbol (15PFK5), despois de realizar entrada e saída no novo CT A Malata proxectado.

– Novo centro de transformación prefabricado A Malata, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Desmantelamento de apoio e CT existentes.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/559-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT, CT e RBT A Malata.

Concello: Ferrol.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 1.

Lugar: A Malata.

Cultivo: baldío.

Nome e apelidos do propietario: descoñecido.

Apoio: núm. 16/4 – m2 9.0.

Afeccións: metros lineais aéreo 3.0 – m2 aéreo 9.0.

Número de predio: 2.

Lugar: Sitio dos Peixes.

Cultivo: prado.

Nome e apelidos do propietario: Leonor López Díaz Saavedra.

Apoio: CTC – m2 45.0.