Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de innivación artificial na estación de esquí de Manzaneda, nos concellos da Pobra de Trives e Manzaneda (Ourense), promovido por Meisa (Oca Nova Manzaneda) (clave 2014/0135).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 30 de marzo de 2017, do proxecto de innivación artificial na estación de esquí de Manzaneda, nos concellos da Pobra de Trives e Manzaneda (Ourense), promovido por Meisa (Oca Nova Manzaneda).

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático