Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT O Cepo, O Lago e Portocavado, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2015/298-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de maio de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/298-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT O Cepo, O Lago e Portocavado.
Concello: Sobrado.
Predio |
Lugar |
Titulares propostos |
Incidencia |
Data de ocupación |
24 |
Revoltón |
Herdeiros de Carmen Brañas Pandelo |
Notificación infrutuosa |
3.5.2017 |