Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23143

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (486/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 486/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto José Menéndez Alonso (sucesora procesual, María Esther Sánchez Recio) contra Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Alberto José Menéndez Alonso contra Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe a María Esther Sánchez Recio, en calidade de sucesora procesual do demandante Alberto José Menéndez Alonso, a suma de 20.461,26 euros polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización (14.241,50 euros) e os do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (6.219,76 euros), desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza