Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23145

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (833/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 833/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Bravo Mosquera contra a empresa Daviña División Comercial, S.L., Francisco Javier Díaz-Gálvez de la Cámara, en calidade de administrador concursal, e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Declárase a competencia deste xulgado para coñecer da demanda que deu orixe a este procedemento ordinario 833/2014, interposta por instancia de Beatriz Bravo Mosquera contra Daviña División Comercial, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal na forma prevista no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX) e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso, sen prexuízo de poder reproducir a cuestión no xuízo e, de ser o caso, no recurso contra a sentenza.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de resolucións definitivas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o pronuncia, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Daviña División Comercial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza