Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 26 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Buscás II (Ordes-A Coruña).

En relación coa Resolución desta Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, de data 24 de febreiro de 2017, de cesión de fondos de terras ao Concello de Ordes na concentración parcelaria da zona de Buscás II (Ordes-A Coruña), detectouse o erro que seguidamente se indica.

Vistas a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o artigo 105 p2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, modificada pola Lei 2/2001, do 10 de setembro, e demais disposicións legais de aplicación ao caso.

Esta dirección xeral, ao abeiro da lexislación vixente, resolve:

1. Emendar o erro advertido no punto 1.1 e 1.2 da parte dispositiva da antedita resolución de xeito que

Onde di:

«1.1. Dar de alta como propietario na zona co nº 757 o Concello de Ordes.

1.2. Adxudicar ao Concello de Ordes a titularidade dos predios nos: 1269, 263, 710, 1319, 1139, 1158, 1159, 1207, 1287, 1320 e 32, que causan baixa no fondo de terras da zona, para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución».

Debe dicir:

«1.1. Dar de alta como propietario na zona co nº 762 o Concello de Ordes.

1.2. Adxudicar ao Concello de Ordes a titularidade dos predios nos: 1269, 263, 710, 1319, 1139, 1158-2, 1159, 1207, 1287, 1320 e 32, que causan baixa no fondo de terras da zona, para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ordes».