Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2014406AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 1 de marzo de 2017, o conselleiro de Sanidade resolveu desestimar o recurso de alzada interposto por Roberto Pita Morado, como titular do establecemento Carnicería Roberto, contra a resolución do expediente sancionador 2014406AL-PO ditada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra o 13 de marzo de 2015.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula, se notifica a Roberto Pita Morado, como titular do establecemento Carnicería Roberto, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

De acordo co establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316 NIF S1511001H, e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 31 de marzo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014406AL-PO.

Denunciado: Roberto Pita Morado, como titular do establecemento Carnicería Roberto.

Último enderezo coñecido: rúa Sanjurjo Badía núm. 88 de Vigo, Pontevedra.

Feito imputado: infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

– Artigo 3, que recolle as obrigacións xerais dos operadores de empresa alimentaria.

– Artigo 4, que establece os requisitos xerais e específicos en materia de hixiene.

– Artigo 5, que establece o sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.

Artigo 17 do Regulamento 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e requisitos xerais da lexislación alimentaria, que recolle as responsabilidades de empresas alimentarias respecto do cumprimento dos requisitos en todas as etapas de produción, transformación e distribución.

Tipificación: unha infracción leve tipificada no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: trescentos euros (300,00 euros).

Contido da resolución: desestima o recurso de alzada interposto por Roberto Pita Morado, como titular do establecemento Carnicería Roberto.