Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0388/2017-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0388/2017-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos al único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 26 de abril de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0388/2017-PPM.

Persoa interesada: Juan José Allo Allo.

Acto de notificación: inicio.

Último domicilio coñecido: A Torre, nº 27, baixo, A Illa de Arousa.

Expediente: PSC-CO-0429/2017-COP.

Persoa interesada: Óscar Barcia Boo.

Acto de notificación: inicio.

Último domicilio coñecido: Barrantes, 3 P, 1 C, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-0438/2017-PPM.

Persoa interesada: David Rodríguez Ordóñez.

Acto de notificación: inicio.

Último domicilio coñecido: Castrillo, 13, Rianxo.

Expediente: PSC-CO-0440/2017-PPM.

Persoa interesada: César Seijas Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último domicilio coñecido: avda. do Rocío, 31, Outes.

Expediente: PSC-CO-0441/2017-TRA.

Persoa interesada: Ana María Rodríguez Lois.

Acto de notificación: inicio.

Último domicilio coñecido: avda. do Rocío, 31, Outes.