Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Gallega de Servicios de Transportes en Autobús (Fegabús).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación do artigo 2 dos estatutos da Federación Gallega de Servicios de Transportes en Autobús (Fegabús), que consiste no cambio de domicilio social que en virtude da dita modificación pasa a ser na r/ Juana de Vega, nº 35-1º, 15004 A Coruña.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse as organizacións profesionais que estean constituídas por empresas de transporte público de viaxeiros por estrada, sempre que o seu ámbito territorial estea dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. De forma excepcional e sempre que as circunstancias o aconsellen, as empresas dedicadas á referida actividade de transporte poderán integrarse directamente na federación.

Asinantes: Aurelio Cuíña Souto (presidente) e Eugenio Geijo Carril (secretario).

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego