Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Letrados do Consello Consultivo de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 6.4.2017 a modificación dos artigos 5 (fins asociación) e 6 (membros asociación) dos estatutos da Asociación Profesional de Letrados do Consello Consultivo de Galicia co número 72-1035-2007.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: poderán ser membros todas as persoas que tivesen a condición de funcionarios pertencentes ao corpo de letrados do Consello Consultivo da Xunta de Galicia, suprimido pola disposición adicional cuarta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, así como aqueloutras que con posterioridade desempeñen postos de persoal letrado no devandito órgano consultivo.

Asinantes: María José Quintana Acebo (secretaria), José Carlos López Corral (presidente).

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego